sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Demolición do viaduto da Rolda de Nelle con Av. de Fisterra

Avisos

Demolición do viaduto da Rolda de Nelle con Av. de Fisterra

18 febrero, 2020

Con motivo das obras de demolición do viaduto da Rolda de Nelle con Av. de Fisterra, durante a primeira fase dos traballos que se realizarán entre os días 22 e 25 de febreiro, ambos inclusive, veranse afectadas as liñas 6-6A-22 en sentido saída da cidade, e 6-6A-20 en sentido entrada.

Como consecuencia, en sentido saída as liñas 6-6A-22 dende Av. de Fisterra, 84 circularán polo Paseo das Pontes e Paseo de Rolda ata a glorieta da Rolda de Nelle con Vila de Negreira, continuando por Rolda de Nelle e desviándose por Agra do Orzán ata a Rolda de Outeiro, onde a liña 22 recupera o seu percorrido habitual e as 6-6A na Av. de Fisterra.

En sentido entrada á cidade (Praza de Pontevedra), as liñas 6-6A-20, dende a glorieta de Rolda de Outeiro con Av. de Fisterra, circularán por Rolda de Outeiro, Vila de Negreira, Paseo de Rolda e Paseo das Pontes para enlazar na Av. de Fisterra con seu percorrido habitual.

Tamén dende o día 22 de febreiro e ata que a evolución das obras permita recuperar o percorrido habitual, a liña 12 en sentido Catro Camiños, desviarase dende Rolda de Nelle pola Agra do Orzán, Rolda de Outeiro e Av. de Arteixo, recuperando en Rolda de Nelle (Centro de Formación ABANCA) o seu percorrido habitual.

En sentido de circulación Os Rosales, dende Rolda de Nelle (Centro de Formación ABANCA) desviarase pola Av. de Arteixo, Rolda de Outeiro, Vila de Negreira e Rolda de Nelle/Gregorio Hernández, onde se reincorporará ao seu percorrido habitual.

En todos os casos faranse as paradas existentes nos itinerarios alternativos, coa excepción da liña 12, que non parará na Rolda de Outeiro, Vioño pola dificultade derivada de virar cara a Av. de Arteixo sentido Rolda de Nelle.

Rogamos desculpas polas molestias.


Con motivo de las obras de demolición del viaducto de Ronda de Nelle con Av. de Fisterra, durante la primera fase de los trabajos que se realizarán entre los días 22 y 25 de febrero, ambos inclusive, se verán afectadas las líneas 6-6A-22 en sentido salida de la ciudad, y 6-6A-20 en sentido de entrada.

Como consecuencia, en sentido salida las líneas 6-6A-22 desde Av. de Fisterra, 84 circularán por el Paseo de los Puentes y Paseo de Ronda hasta la glorieta de Ronda de Nelle con Villa de Negreira, continuando por Ronda de Nelle y desviándose por Agra del Orzán hasta la Ronda de Outeiro, donde la línea 22 recupera su itinerario habitual y las 6-6A en Av. de Fisterra.

En sentido de entrada a la ciudad (Plaza de Pontevedra), las líneas 6-6A-20, desde la glorieta de Ronda de Outeiro con Av. de Fisterra, circularán por Ronda de Outeiro, Villa de Negreira, Paseo de Ronda y Paseo de los Puentes para enlazar en Av. de Fisterra con su itinerario habitual.

También desde el día 22 de febrero y hasta que la evolución de las obras permita recuperar el itinerario habitual, la línea 12 en sentido hacia Cuatro Caminos se desviará desde Ronda de Nelle por el Agra del Orzán, Ronda de Outeiro y Av. de Arteixo, recuperando en Ronda de Nelle (Centro de Formación ABANCA) su itinerario habitual.

En sentido de circulación hacia Los Rosales, desde Ronda de Nelle (Centro de Formación ABANCA) se desviará por la Av. de Arteixo, Ronda de Outeiro, Villa de Negreira y Ronda de Nelle/Gregorio Hernández, donde se reincorporará a su itinerario habitual.

En todos los casos se harán las paradas existentes en los itinerarios alternativos, con la excepción de la línea 12, que no parará en Ronda de Outeiro, Vioño por la dificultad que conlleva girar hacia Av. de Arteixo sentido Ronda de Nelle.

Rogamos disculpas por las molestias.