sombra derecha
sombra izquierda
sombra

San Xoán 2018

Avisos

San Xoán 2018

20 junio, 2018

SERVIZO ESPECIAL “NOITE DE SAN XOÁN”
Con motivo da celebración da Noite de San Xoan e ao obxecto de que non sexa necesaria a utilización de vehículos particulares, deseñouse un dispositivo especial desde Praza de Pontevedra, consistente en 8 lanzadeiras que ofrecerán unha frecuencia de 15 minutos cada unha e que realizarán a súa última saída de Praza de Pontevedra ás 02:30 horas do día 24 de xuño.

A partir das 03:00 horas do día 24 de xuño quedará en servizo o Bufo, con saídas ás horas en punto e ás medias. O servizo das horas seguirá o itinerario habitual; o das medias farao en sentido inverso, é dicir, primeiro pasará polos Castros continuando cara ao Castrillón. Realizarán a súa última saída ás 06:00 horas.

Mediante este dispositivo especial “Noite de San Xoán” comunicarase a contorna de Praza de Pontevedra cos distintos barrios da cidade. Co obxecto de que resulte máis familiar a identificación do destino de cada unha das lanzadeiras mantéñense os números das liñas e as súas denominacións, coincidentes con cada unha das zonas ás que prestan servizo, segundo o seguinte detalle:

🚌 Liña 1: Saída de Praza de Pontevedra, incorporándose en Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Circulará pola Avda. de Oza en lugar de facelo pola Avda. do Exército. Desta forma prestarase servizo á Gaiteira, Os Castros e Castrillón, baixando pola Avda. de Monelos.

🚌 Liña 1A: Saída de Praza de Pontevedra, incorporándose en Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Con este servizo atenderase á zona de Salvador de Madariaga, Paxariñas, Mato Grande, Barrio das Flores, Eirís e Palavea-Pasaxe, aínda que a estes dous últimos barrios subirase se hai usuarios que o demanden; en caso contrario baixará por Monelos para retornar á Praza de Pontevedra.

🚌 Liña 3: Prestará servizo desde Praza de Pontevedra aos Rosales seguindo o seu itinerario habitual no devandito tramo, atendendo a Cidade Escolar, Labañou, Os Rosales e San Pedro de Visma.

🚌 Liña 6: De Praza de Pontevedra a San José, prestando servizo ás zonas de Paseo das Pontes-Santa Margarita, parte alta da Sacra Familia, Agra do Orzán e Ventorrillo, na súa parte máis próxima á Avda. de Finisterre, continuando pola Moura ata San José.

🚌 Liña 7: De Praza de Pontevedra ao Ventorrillo atendendo a Peruleiro, Rolda de Outeiro, Agra do Orzán, contorna de vivendas de Francisco Franco, Ventorrillo e toda a contorna de Vila de Negreira.

🚌 Liña 11: De Praza de Pontevedra aos Mallos. Prestará servizo a Pla e Cancela, contorna de Ronda de Nelle (zona Mallos), Mallos, Vioño e parte baixa da Sagrada Familia.

🚌 Liña 21. De Praza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servizo á contorna de Catro Camiños-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro e Novo Mesoiro.

🚌 Circular Cidade Vella-Monte Alto (3A): De Praza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servizo co seguinte itinerario: Praza de Pontevedra, San Andrés, Santa Catalina, Cantóns, Porta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, Avda. de Navarra, Santo Tomás, Mercado de Hércules, Avda. de Hércules, Rúa da Torre, Praza de España, San Andrés, Praza de Pontevedra.


SERVICIO ESPECIAL “NOCHE DE SAN JUAN”
Con motivo de la celebración de la Noche de San Juan y al objeto de que no sea necesaria la utilización de vehículos particulares, se ha diseñado un dispositivo especial desde Plaza de Pontevedra, consistente en 8 lanzaderas que ofrecerán una frecuencia de 15 minutos cada una y que realizarán su última salida de Plaza de Pontevedra a las 02:30 horas del día 24 de junio.

A partir de las 03:00 horas del día 24 de junio quedará en servicio el Búho, con salidas a las horas en punto y a las medias. El servicio de las horas seguirá el itinerario habitual; el de las medias lo hará en sentido inverso, es decir, primero pasará por los Castros continuando hacia el Castrillón. Realizarán su última salida a las 06:00 horas.

Mediante este dispositivo especial “Noche de San Juan” se comunicará el entorno de Plaza de Pontevedra con los distintos barrios de la ciudad. Con el objeto de que resulte más familiar la identificación del destino de cada una de las lanzaderas se mantienen los números de las líneas y sus denominaciones, coincidentes con cada una de las zonas a las que prestan servicio, según el siguiente detalle:

🚌 Línea 1: Salida de Plaza de Pontevedra, incorporándose en Plaza de Orense a su itinerario habitual. Circulará por la Avda. de Oza en lugar de hacerlo por la Avda. del Ejército. De esta forma se prestará servicio a la Gaiteira, Los Castros y Castrillón, bajando por la Avda. de Monelos.

🚌 Línea 1A: Salida de Plaza de Pontevedra, incorporándose en Plaza de Orense a su itinerario habitual. Con este servicio se atenderá a la zona de Salvador de Madariaga, Pajaritas, Mato Grande, Barrio de las Flores, Eirís y Palavea-Pasaje, si bien a estos dos últimos barrios se subirá si hay usuarios que lo demanden; en caso contrario bajará por Monelos para retornar a la Plaza de Pontevedra.

🚌 Línea 3: Prestará servicio desde Plaza de Pontevedra a Los Rosales siguiendo su itinerario habitual en dicho tramo, atendiendo a Ciudad Escolar, Labañou, Los Rosales y San Pedro de Visma.

🚌 Línea 6: De Plaza de Pontevedra a San José, prestando servicio a las zonas de Paseo de los Puentes-Santa Margarita, parte alta de la Sagrada Familia, Agra del Orzán y Ventorrillo, en su parte más cercana a la Avda. de Finisterre, continuando por la Moura hasta San José.

🚌 Línea 7: De Plaza de Pontevedra al Ventorrillo atendiendo a Peruleiro, Ronda de Outeiro, Agra del Orzán, entorno de viviendas de Francisco Franco, Ventorrillo y todo el entorno de Villa de Negreira.

🚌 Línea 11: De Plaza de Pontevedra a los Mallos. Prestará servicio a Pla y Cancela, entorno de Ronda de Nelle (zona Mallos), Mallos, Vioño y parte baja de la Sagrada Familia.

🚌 Línea 21. De Plaza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servicio al entorno de Cuatro Caminos-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro y Novo Mesoiro.

🚌 Circular Ciudad Vieja-Monte Alto (3A): De Plaza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servicio con el siguiente itinerario: Plaza de Pontevedra, San Andrés, Santa Catalina, Cantones, Puerta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, Avda. de Navarra, Santo Tomás, Mercado de Hércules, Avda. de Hércules, Calle de la Torre, Plaza de España, San Andrés, Plaza de Pontevedra.