sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Servizo especial San Xoán 2019

Avisos

Servizo especial San Xoán 2019

21 junio, 2019

Con motivo da celebración da Noite de San Xoán e ao obxecto de que non sexa necesaria a utilización de vehículos particulares, deseñouse un dispositivo especial desde Praza de Pontevedra, consistente en 8 lanzadeiras:

Frecuencia de 15 minutos cada unha.

– Todas as liñas lanzadeira efectuarán a súa saída de 🚏 (186) P. Pontevedra, IES Eusebio da Guarda.

O servizo comezará sobre as 00:15h.

Última saída de Praza de Pontevedra ás 2:30 horas do día 24 de xuño.
A partir das 3:00 horas do día 24 de xuño quedará en servizo o Bus-Búho, con saídas ás horas en punto e ás medias. O servizo das horas seguirá o itinerario habitual; o das medias o fará en sentido inverso, é dicir, primeiro pasará polos Castros continuando cara ao Castrillón. Realizarán a súa última saída ás 6:00 horas.
Mediante este dispositivo especial “Noite de San Xoán” comunicarase a contorna da Praza de Pontevedra cos distintos barrios da cidade. Co obxecto de que resulte máis familiar a identificación do destino de cada unha das lanzadeiras mantéñense os números das liñas e as súas denominacións, coincidentes con cada unha das zonas ás que prestan servizo, segundo o seguinte detalle:
🚌 Liña 1: Saída de Praza de Pontevedra, incorporándose en Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Circulará pola Avda. de Oza en lugar de facelo pola Avda. do Exército. Desta forma prestarase servizo á Gaiteira, Os Castros e Castrillón, baixando pola Avda. de Monelos.
🚌 Liña 1A: Saída de Praza de Pontevedra, incorporándose en Praza de Ourense ao seu itinerario habitual. Con este servizo atenderase á zona de Salvador de Madariaga, Paxariñas, Mato Grande, Barrio das Flores, Eirís, Pedralonga, e A Pasaxe. A este último barrio subirase se hai usuarios que o demanden; en caso contrario baixará por Monelos para retornar á Praza de Pontevedra.
🚌 Liña 3: Prestará servizo desde Praza de Pontevedra ata Os Rosales seguindo o seu itinerario habitual no devandito tramo, atendendo a Cidade Escolar, Labañou, Os Rosales e San Pedro de Visma.
🚌 Liña 6: De Praza de Pontevedra a Meicende, prestando servizo ás zonas de Paseo das Pontes-Santa Margarita, parte alta da Sacra Familia, Agra do Orzán e Ventorrillo, na súa parte máis próxima á Avda. de Finisterre, continuando pola Moura ata Meicende.
🚌 Liña 7: De Praza de Pontevedra ao Ventorrillo atendendo a Peruleiro, Rolda de Outeiro, Agra do Orzán, Ventorrillo e toda a contorna de Vila de Negreira.
🚌 Liña 11: De Praza de Pontevedra aos Mallos. Prestará servizo a Pla e Cancela, contorna de Ronda de Nelle (zona Mallos), Mallos, Vioño e parte baixa da Sagrada Familia.
🚌 Liña 21. De Praza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servizo á contorna de Catro Camiños-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro e Novo Mesoiro.
🚌 Circular Cidade Vella-Monte Alto (3A): De Praza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servizo co seguinte itinerario: Praza de Pontevedra, San Andrés, Santa Catalina, Cantóns, Porta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, Avda. de Navarra, Mercado de Hércules, Avda. de Hércules, Rúa da Torre, Praza de España, Hípica, Abente y Lago, Obelisco e Praza de Pontevedra.


Con motivo de la celebración de la Noche de San Juan y al objeto de que no sea necesaria la utilización de vehículos particulares, se ha diseñado un dispositivo especial desde Plaza de Pontevedra, consistente en 8 lanzaderas:

Frecuencia de 15 minutos cada una.

– Todas las líneas lanzadera efectuarán su salida de 🚏 (186) P. Pontevedra, IES Eusebio da Guarda.

– El servicio comenzará sobre las 00:15h.

Última salida de Plaza de Pontevedra a las 2:30 horas del día 24 de junio.
A partir de las 3:00 horas del día 24 de junio quedará en servicio el Búho, con salidas a las horas en punto y a las media. El servicio de las horas seguirá el itinerario habitual; el de las medias lo hará en sentido inverso, es decir, primero pasará por los Castros continuando hacia el Castrillón. Realizarán su última salida a las 6:00 horas.
Mediante este dispositivo especial “Noche de San Juan” se comunicará el entorno de Plaza de Pontevedra con los distintos barrios de la ciudad. Con el objeto de que resulte más familiar la identificación del destino de cada una de las lanzaderas se mantienen los números de las líneas y sus denominaciones, coincidentes con cada una de las zonas a las que prestan servicio, según el siguiente detalle:
🚌 Línea 1: Salida de Plaza de Pontevedra, incorporándose en Plaza de Orense a su itinerario habitual. Circulará por la Avda. de Oza en lugar de hacerlo por la Avda. del Ejército. De esta forma se prestará servicio a la Gaiteira, Los Castros y Castrillón, bajando por la Avda. de Monelos.
🚌 Línea 1A: Salida de Plaza de Pontevedra, incorporándose en Plaza de Orense a su itinerario habitual. Con este servicio se atenderá a la zona de Salvador de Madariaga, Pajaritas, Mato Grande, Barrio de las Flores, Eirís, Pedralonga y A Pasaxe, si bien a este último se llegará si hay usuarios que lo demanden en caso contrario dará la vuelta para retornar a la Plaza de Pontevedra.
🚌 Línea 3: Prestará servicio desde Plaza de Pontevedra a Los Rosales siguiendo su itinerario habitual en dicho tramo, atendiendo a Ciudad Escolar, Labañou, Los Rosales y San Pedro de Visma.
🚌 Línea 6: De Plaza de Pontevedra a Meicende, prestando servicio a las zonas de Paseo de los Puentes-Santa Margarita, parte alta de la Sagrada Familia, Agra del Orzán y Ventorrillo, en su parte más cercana a la Avda. de Finisterre, continuando por la Moura hasta Meicende.
🚌 Línea 7: De Plaza de Pontevedra al Ventorrillo atendiendo a Peruleiro, Ronda de Outeiro, Agra del Orzán y todo el entorno de Villa de Negreira.
🚌 Línea 11: De Plaza de Pontevedra a los Mallos. Prestará servicio a Pla y Cancela, entorno de Ronda de Nelle (zona Mallos), Mallos, Vioño y parte baja de la Sagrada Familia.
🚌 Línea 21. De Plaza de Pontevedra a Novo Mesoiro, prestando servicio al entorno de Cuatro Caminos-Corte Inglés, Segunda Fase de Elviña, Pablo Picasso, Birloque, Martinete, Mesoiro y Novo Mesoiro.
🚌 Circular Ciudad Vieja-Monte Alto (3A): De Plaza de Pontevedra a Monte Alto, prestará servicio con el siguiente itinerario: Plaza de Pontevedra, San Andrés, Santa Catalina, Cantones, Puerta Real, Parrote, Maestranza, Orillamar, Avda. de Navarra, Mercado de Hércules, Avda. de Hércules, Calle de la Torre, Plaza de España, Hípica, Abente y Lago, Obelisco y Plaza de Pontevedra.

#SanXoán2019