sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Medio ambiente e accesibilidade

Avisos

Medio ambiente e accesibilidade

medioambiente

A filosofía principal que preside a actividade da Compañía de Tranvías fundaméntase  no respecto ao medio ambiente, a mobilidade sostible e a aplicación de sistemas de accesibilidade universal en toda a frota. Para a compañía estes compromisos son irrenunciables e neles enmárcase a aposta desenvolvida para facilitar o uso do transporte público a calquera persoa de xeito seguro e autónomo, con independencia da súa condición física, psíquica ou sensorial.

Medio ambiente

Na nosa aposta por garantir a excelencia medioambiental no desempeño das funcións da Compañía de Tranvías enmárcanse distintas iniciativas entre as que destacan as seguintes:

Os últimos vehículos adquiridos nos anos 2014 e 2015 son autobuses MAN e Mercedes-Benz coa tecnoloxía ecolóxica EURO 6.

A tecnoloxía EURO 6 é o estándar de emisión de gases de escape máis estrito que existe ata a data actual.

As principais emisións en EURO 6 con de 0,4 gr/Kwh de Nox e de 0,01 gr/Kwh de PM.

Accesibilidade

O acceso universal aos nosos autobuses é unha prioridade fundamental. No noso compromiso de servizo público ao cidadán consideramos ineludible a aplicación de sistemas encamiñados a facilitar o acceso e benestar de todas as persoas, independentemente das súas diversidades funcionais.

Este traballo pola accesibilidade é permanente e continuo, xa que a Compañía de Tranvías de A Coruña segue traballando no deseño de novas medidas co fin de ofrecer un servizo acorde á diversidade de capacidades das persoas, que contribúa a mellorar a súa calidade de vida e facilite o uso do autobús como un dos medios de transporte máis rápidos, áxiles, funcionais e acolledores da cidade da Coruña.

mediol1 Piso baixo integral:

Para as persoas con mobilidade reducida vén de modernizarse a frota e, actualmente, o 100% dos autobuses dispón de piso baixo integral. Dese modo facilítase o acceso ao vehículo por parte de persoas con todo tipo de dificultades para o mesmo, xa sexan afectados por problemas de mobilidade, menores ou carriños de bebé.

 

mediol2 mediol5 Sistemas de acceso e portas corredoiras:

O sistema de axeonllamento permite a inclinación do vehículo para facilitar o acceso en paradas. Ademais, no interior instalouse piso con material antideslizante tanto en seco como en mollado, así como iluminación de entrada e saída. Outra das medidas aplicadas para facilitar o acceso é a instalación de portas corredoiras rápidas e silenciosas, ademais da disposición de barras na porta de acceso e descenso, así como bandas de contraste de cor en bordes e pavimento para garantir a seguridade.

mediol3mediol7

Rampla e espazo para cadeiras de rodas:

 O 100% da frota actual conta con rampla de deseño telescópico con pulsador exterior para o acceso de cadeiras de rodas. Tamén o 100% conta con plataforma central para discapacitados, con asideiros, pulsador de parada solicitada, respaldo, pictogramas de información e sinalización interior de rampla en movemento.

Información acústica e visual:

mediol4

Os sistemas de información acústica e visual no interior do autobús teñen como obxectivo facilitar o servizo a persoas con limitacións auditivas ou visuais. Ademais, a información ao usuario compleméntase con pantallas informativas audiovisuais no interior dos autobuses. Ademais, os botóns de próxima parada están en braille e existe un acceso sinalizado para cans guía.

Asentos reservados:

mediol6

O 100% da frota ten asentos reservados para persoas de mobilidade reducida, con barras, repousabrazos e un ancho especial para facilitar a comodidade e a liberdade de movementos a estes viaxeiros.