sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Política de privacidade

Avisos

Política de privacidade

Introdución
A presente Política de Privacidade foi desenvolvida tendo en conta o disposto pola Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal en vigor, así como polo Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á circulación destes datos (en diante, o “RXPD”).
Esta Política de Privacidade ten por obxecto poñer en coñecemento dos titulares dos datos persoais respecto dos cales se está a solicitar información os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, entre outras cousas, as finalidades dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que os asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade.

Responsable do tratamento
En termos de protección de datos, Compañía de Tranvías de La Coruña debe ser considerada a responsable do tratamento en relación cos ficheiros/tratamentos identificados na presente política, concretamente no apartado “Tratamentos de datos”. A seguir indícanse os datos identificativos do titular do presente sitio web:
Responsable do tratamento: Compañía de Tranvías de La Coruña
Enderezo postal: Estrada Los Fuertes, n.º 4, 15011 A Coruña
Tel.: 981 250100
Fax: 981 253016
E-mail: correo@tranviascoruna.com
Domicilio: Estrada Fuertes, n.º 4, C.P. 15011, A Coruña.

Tratamentos de datos
Os datos de carácter persoal que se soliciten, se é o caso, consistirán unicamente naqueles estritamente imprescindibles para identificar e atender a solicitude realizada polo seu titular, en diante, o “interesado”. A dita información será tratada de forma leal, lícita e transparente en relación co interesado. Por outra banda, os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas, non sendo tratados ulteriormente de xeito non incompatible cos ditos fins.
Os datos recollidos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación coas finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa necesario. O titular dos datos será informado, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política co fin de que poida prestar o consentimento expreso, preciso e inequívoco para o tratamento dos seus datos, consonte os seguintes aspectos.

Finalidades do tratamento
As finalidades explícitas para as cales se levan a cabo cada un dos tratamentos veñen recollidas nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas). Non obstante, os datos de carácter persoal do interesado serán tratados coa exclusiva finalidade de proporcionarlle unha resposta efectiva e atender as solicitudes practicadas polo usuario, especificadas xunto á opción, servizo, formulario ou sistema de toma de datos que o titular utilice.

Lexitimación
Por regra xeral, logo do tratamento dos datos persoais, Compañía de Tranvías de La Coruña obtén o consentimento expreso e inequívoco do titular destes mediante a incorporación de cláusulas de consentimento informado nos diferentes sistemas de recollida de información. Non obstante, no caso de que non se requira o consentimento do interesado, a base lexitimadora do tratamento na cal se ampara Compañía de Tranvías de La Coruña é a existencia dunha lei ou norma específica que autorice ou esixa o tratamento dos datos do interesado.

Destinatarios
Por regra xeral, Compañía de Tranvías de La Coruña non procede á cesión ou comunicación dos datos a terceiras entidades, agás as requiridas legalmente. Con todo, no caso de que isto fose necesario, as ditas cesións ou comunicacións de datos sonlle notificadas ao interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de datos persoais.

Procedencia
Por regra xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente do interesado. Con todo, os datos poden ser recollidos do interesado excepcionalmente a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes. Neste sentido, este extremo seralle trasladado ao interesado a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de información e dentro dun prazo razoable, unha vez obtidos os datos, e como moito dentro dun mes.

Prazos de conservación
A información solicitada do interesado será conservada mentres sexa necesaria para cumprir coa finalidade para a cal foron solicitados os datos persoais, de forma que, unha vez cumprida a finalidade os datos serán cancelados. A dita cancelación dará lugar ao bloqueo dos datos, conservándose unicamente a disposición das Administracións públicas, xuíces e tribunais para atender as posibles responsabilidades nacidas do tratamento, durante o prazo de prescrición destas. Cumprido o citado prazo, procederase á destrución da información. A título informativo, a seguir recóllense os prazos legais de conservación da información en relación con diferentes materias:

DOCUMENTO PRAZO REF. LEGAL
Documentación de carácter laboral ou relacionada coa seguridade social 4 anos Artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social
Documentación contable e fiscal para os efectos mercantís 6 anos Art. 30 do Código Comercio
Documentación contable e fiscal para os efectos fiscais 4 anos Artigos 66 a 70 da Lei Xeral Tributaria
Control de accesos a edificios 1 mes Instrución 1/1996 de la AEPD
Videovixilancia 1 mes Instrución 1/2006 da AEPD
Lei Orgánica 4/1997

Datos de navegación
En relación cos datos de navegación que se poidan tratar a través do sitio web, no caso de que se recollan datos sometidos á normativa, recoméndase consultar a Política de Cookies publicada no noso sitio web.

Dereitos dos interesados
A normativa en materia de protección de datos outórgalles unha serie de dereitos aos interesados ou titulares dos datos, usuarios do sitio web ou usuarios dos perfís das redes sociais de Compañía de Tranvías de La Coruña. Estes dereitos que asisten as persoas interesadas son os seguintes:
– Dereito de acceso: dereito a obter información sobre se os datos propios que están a ser obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que se estea a realizar, as categorías dos datos de que se trate, os destinatarios ou categorías de destinatarios, o prazo de conservación e a orixe dos ditos datos.
– Dereito de rectificación: dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.
– Dereito de supresión: dereito a obter a supresión dos datos nos seguintes supostos:

  • Cando os datos xa non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron solicitados.
  • Cando o seu titular retire o consentimento.
  • Cando o interesado se opoña ao tratamento.
  • Cando se deban suprimir en cumprimento dunha obriga legal.
  • Cando os datos se obteñan en virtude dun servizo de sociedade da información con base no disposto no art. 8, apdo. 1 do Regulamento Europeo sobre Protección de datos.




– Dereito de oposición: dereito a opoñerse a un determinado tratamento con base no consentimento do interesado.
– Dereito de limitación: dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se dea algún dos seguintes supostos:

  • Cando o interesado impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que lle permita á empresa verificar a súa exactitude.
  • Cando o tratamento sexa ilícito e o interesado se opoña á supresión dos datos.
  • Cando a empresa xa non necesite os datos para os fins para os que foron solicitados, pero o interesado os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  • Cando o interesado se opoña ao tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da empresa prevalecen sobre os do interesado.




Os interesados poderán exercer os dereitos indicados dirixíndose a Compañía de Tranvías de La Coruña mediante escrito remitido ao seguinte enderezo: lopd@tranviascoruna.com, indicando na liña de asunto o dereito que desexa exercer.

Neste sentido, Compañía de Tranvías de La Coruña atenderá a súa solicitude á maior brevidade posible e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.

Por outra banda, convén ter en conta que o interesado ou titular dos datos poderá en todo momento presentar unha reclamación perante a autoridade de control competente.

Seguridade
As medidas de seguridade adoptadas por Compañía de Tranvías de La Coruña son aquelas requiridas, de conformidade co establecido no artigo 32 do RXPD. Neste sentido, Compañía de Tranvías de La Coruña, tendo en conta o estado da técnica, os custos de aplicación e a natureza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade axeitado ao risco existente.
En todo caso, Compañía de Tranvías de La Coruña ten implementados os mecanismos suficientes para:
a) Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
b) Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida no caso de incidente físico ou técnico.
c) Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
d) Seudonimizar e cifrar os datos persoais, se procede.