sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Tarifas e bonos

Avisos

Tarifas e bonos

  • Tipo de Tarifa Prezo
  • Tarifa ordinaria 1,30 €
  • Bono bus xeral 0,85 €
  • Escolar 0,33 €
  • Universitario 0,30 €
  • Desempregado 0,33 €
  • Xubilado/Pensionista 0,33 €
  • Discapacitado 0,33 €
  • Tarifa mensual PMUS máx. 37,40 €
  • Tarifa mensual PMUS social máx. 23,10 €
  • Transbordo coas tarxetas Bono-Bus 0,00 €

Tempo máx. de transbordo 45 min. Transbordos só permitidos co o uso das tarxetas Bono-Bus. Menores de 4 anos exentos de pagar a tarifa. Mais información da tarifa PMUS.

A tarxeta Millennium

A Tarxeta Coruña Millennium permítelle pagar nos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispor de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.

Beneficios Coa tarxeta Coruña Millennium vostede gozará de importantes descontos no pagamento de autobús..

¿Cómo funciona? O pagamento á Compañía de tranvías realízase co diñeiro que vostede teña cargado no moedeiro de transportes. Consulte a sección “¿Cómo cargo a tarxeta? para máis información sobre como cargar a tarxeta.

Cando suba ao autobús, simplemente colla a tarxeta na man e aproxímea ao lector onde figura a imaxe da tarxeta ata tocar o lector esperando a que o lector o avise cun son de que a transacción se realizou.

Unha vez se realiza a operación visualízase na pantalla do lector o saldo restante e ilumínase a luz verde. Se se produce calquera problema (por exemplo por retirar a tarxeta antes de que se completase a operación ou se o seu saldo non fose abondo), iluminará a luz vermella do lector, lembre que pode realizar transbordos entre autobuses en prazos inferires a 45 minutos.

¿Cómo conseguirla? Para facerte coa túa tarxeta Millennium sigue as indicacións da web: http://www.coruna.es/millennium