sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Tranvía turístico

Avisos

Tranvía turístico

ACTUALMENTE NON ESTÁ ACTIVO

Despois de 35anos sen tranvías, Francisco Vázquez (alcalde de A Coruña dende 1983 a 2006) resucitou este medio de transporte co propósito de unilo ao desenvolvemento do paseo marítimo coruñés. Comeza a súa andadura en decembro de 1997.

O Tranvía turístico é a alternativa máis orixinal para percorrer algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade. O percorrido comeza na Torre de Hércules e finaliza na glorieta das escravas, seguindo o paseo marítimo coas mellores vistas do Atlántico.

A rede dispón de catro tranvías, reproducións dos orixinais nos que se combina a estética clásica con elementos de seguridade modernos tales como as portas neumáticas ou os intermitentes.