sombra derecha
sombra izquierda
sombra

Tranvito

Avisos

Tranvito

TranvitoTranvito é a mascota da Compañía de Tranvías da Coruña. É o encargado de levar a cabo unha misión moi importante para o futuro da nosa cidade: concienciar aos máis novos da importancia do uso do autobús urbano. Forma parte dun programa de visitas guiadas posto en marcha pola compañía a principios de 2013 que está tendo unha gran acollida por parte de todos os centros escolares da cidade. Tranvito guía as visitas dos colexios mostrándolles o funcionamento da compañía e facendo moito máis amena a súa visita. Os escolares son recollidos no seu centro escolar por un dos nosos autobuses e levámolos ata as cocheiras, onde visitan o taller, a cabina de pintura, a sala de control, o túnel de lavado…

É unha iniciativa moi didáctica e atractiva para os pequenos que superou as expectativas previstas.

Descarga a unidade didáctica